Pimcore, un CMS para programadores Zend Framework

Packt-OS-AWARDSPimcore foi escollido como o CMS máis prometedor de 2010 nos Open Source Awards 2010. Pimcore é un CMS baseado en Zend Framework e ExtJS, e liberado baixo licencia BSD. As novas versións xa inclúen jQuery a maiores, xa que é posible que se prescinda de ExtJS. Conta cun backend cunha interface RIA que fai un uso intensivo de comunicacións Ajax/Json.

Open-Source Product Information Management

A interface de administración conta cun apartado para a creación dos nosos modelos de negocio nunha interface RAD. Dende este apartado, empregando compoñentes gráficos, poderemos crear as nosas entidades do negocio e xestionar os datos relacionados. Esta característica, en Pimcore, coñécese co nome de Product Information Management (PIM).

Extensible

Pimcore é extensible a través de plugins e widgets. As extensións poden ser distribuidas mediante un servidor de plugins adicado ou empregando o repositorio principal do proxecto. Tamén é posible aproveitar todas as vantaxes que oferta Zend Framework e despregar no CMS módulos e controladores ZF dun xeito sinxelo e aproveitándonos dos modelos creados no PIM.

Integración

Pimcore proporciona interfaces para a integración de aplicacións baseadas en Java e integración de obxectos Java mediante a utilización de PHP-Java-Bridge e Apache Thrift.

 

Para a súa execución require unha versión PHP 5.3 como mínimo. Conta cun instalador web que facilita a posta en funcionamento, inda que se o noso obxectivo é facer probas existe unha versión con datos de exemplo que só precisa instalar a base de datos.

Ao probar a versión con datos de exemplo pode aparecer un erro en máquinas GNU/Linux Ubuntu como o seguinte:

Unable to establish the database connection with the given
configuration in /website/var/config/system.xml, for details see the
debug.log

Esto é debido a que o socket de mysql está noutra ubicación distinta a esperada pola configuración de PHP. A ubicación por defecto do socket apunta a /tmp/mysql.sock mentres que en sistemas Ubuntu o socket está en /var/run/mysqld/mysqld.sock.

Unha solución pode ser establecer unha ligazón simbólica:

ln -s /var/run/mysqld/mysqld.sock /tmp/mysql.sock

Outra solución é engadir a entrada unix_socket na configuración de Pimcore ( <ruta de instalación>/website/var/config/system.xml ), véxase o apartado do XML relacionado coa configuración da base de datos:

  ...
  <database>
    <adapter>Pdo_Mysql</adapter>
    <params>
      <host>localhost</host>
      <username>pimcore</username>
      <password>pimcore121</password>
      <dbname>pimcore</dbname>
      <port>3306</port>
      <unix_socket>/var/run/mysqld/mysqld.sock</unix_socket>     
    </params>
  </database>
  ...

Agora xa podemos xogar co CMS e programar os nosos controladores.

 

Referencias:

Última actualización 2010-12-27
8:11 PM (Europe/Madrid)
Data de creación 2010-12-13
8:09 AM (Europe/Madrid)
Pimcore, un CMS para desenvolvedores Zend Framework