Soporte de Locales Java para o galego

Grazas ao proxecto Java Galician dispoñemos a partir de agora dunha solución "elegante" para ter soporte de Locales en Java ao galego. A xente de Sun non fixo máis que ignorar as peticións da comunidade que lle pedía engadir soporte na JVM para as Locales do galego.

Sen facer uso do proxecto Java Galician ao executar o seguinte código podiamos observar como non aparecía por ningures as entradas gl ou gl_es:

import java.util.Locale;

public class ListLocales {
  public static void main(String[] args) {
    Locale[] ll = Locale.getAvailableLocales();
    for (int i = 0; i < ll.length; i++) {
        System.out.println(ll[i]);
    }
  }
}

Seguindo as instrucións do proxecto ao volver a executar a clase anterior xa vemos as entradas para o galego e, soporte para traballar con obxectos Date, ...

Grazas a xente que fixo posible o proxecto Java Galician.

Última actualización 2012-08-23
9:23 PM (Europe/Madrid)
Data de creación 2010-01-13
8:11 PM (Europe/Madrid)
galician java l10n